sábado, 29 de septiembre de 2018

Presentación Belén Vázquez Davila

Ola! Son Belén Vázquez. Son diplomada en Traballo Social e especializada, a través de formación de posgrado, no ámbito de menores en situación de desprotección e conflito social.

Traballei como educadora en vivendas tuteladas con mozas e mozos adolescentes no seu proceso de emancipación, tentando facilitarlles as maiores e mellores ferramentas para acadar unha vida independente.

Actualmente traballo como técnica de inserción laboral con mozas e mozos adolescentes na creación do seu itinerario formativo laboral para que teñan maiores e mellores posibilidades de acceder ao mercado laboral. Axúdolles a que saquen o mellor de sí e a tecer con elas e eles unha rede persoal moi forte, xa que a familiar, polo motivo que fose, non foi tan forte como o de outras persoas.

Tamén traballo coa sociedade de xeito trasnversal, dicindo por todos os lugares que as persoas somos todas dun lugar chamado mundo, que temos os mesmos dereitos e que estas rapazas e rapaces son a responsabilidade dunha sociedade que non nos trata a todas e todos por un mesmo igual. Loito polos dereitos das persoas, por unhas lentes feministas e, sobre todo, por unha infancia na que só haxa bós tratos.

Estes son os meus intereses profesionais:


Se me queres coñecer un pouquiño máis...sígueme en Twitter 


Esta é unha das miñas canción favoritas

No hay comentarios:

Publicar un comentario