lunes, 5 de noviembre de 2018

ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAXE: O PLE


¿QUE É UN PLE?

O PLE é un Entorno Persoal de Aprendizaxe.  Exactamente as siglas fan referencia ao seu nome e inglés Personal Learnig Environment) acuñado en 2004, que en castelán tería a súa equivalencia no acrónimo EPA. Todos temos un PLE: a maioría de forma inconsciente, e outros de forma consciente.

Ahora ben, en primeiro lugar habería que ver como se entende ese entorno.  Algúns autores definen o PLE como "o conxunto de fontes de información, ferramentas, conxexións e actividades que cada persoa utiliza para aprender" (Adell e Castañeda, 2010). Pero mentres algúns expertos o definen nese sentido, relacionado co entorno tecnolóxico da persoa, para outros, trátase dunha tendencia pedagóxica asociada ás novas tecnóloxicas.

En todo caso, o PLE é persoal por definición. Cada un o xetiona e organiza a súa maneira, dependendo do seu modo de aprender, das súas necesidades, do seu campo de estudo ou da súa relación coa tecnoloxía.

En palabras do propio Jordi Adell, o PLE é o noso entorno global de aprendizaxe, no que non soamente somos consumidores, senón tamén produtores e creadores.




O MEU PLE INICIAL

Aquí o meu exemplo do PLE  onde indico as ferramentas e medios que utilizaba inicialmente para ler, comunicar e conectar



EXPANSIÓN DO MEU PLE

Unha ferramenta a ter en conta tamén de cara a ampliar a carteira de recursos é o Feedly. Este é un lector RSS que nos permite –dende o navegador web- organizar e acceder rápidamente ás nosas búsquedas de novas ou blogs favoritas e que adoitamos visitar asiduamente. Como exemplo achego o meu Feedly:



OUTRAS FERRAMENTAS

  • WAKELET: É unha plataforma de curación de contidos que me permite gardar tweets, artifos, vídeos e outros contidos en liña para usalos máis tarde. Os contidos que gardamos se almacenan en coleccións ou wakes, que a súa vez se poden facer públicos ou mantelos en privado. 

  • DIIGO: Aplicación que permite almacenar as URL das páxinas web que visitamos. É un marcador social. Inclúe marcadores web, post-it, arquivo de imaxes e documentos, así como a selección de textos. Permite a creación de grupos para compartir enlaces favoritos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario