martes, 30 de octubre de 2018

NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO EN GALICIA

O mercado laboral é un escenario cambiante e complexo, determinado en gran medida polas estruturas produtivas e condicionado polas variacións de ciclos económicos entre outros factores.

Como consecuencia da crise económica sufrida nos últimos anos, os sectores que tradicionalmente creaban emprego (construcción, comercio, transportes…) sofren unha gran caída e un efecto negativo nas estruturas produtivas de Galicia.

O aumento do paro na nosa comunidade como consecuencia desta situación fixo que se pensase no estudo e búsqueda de novos xacementos ou nichos de emprego como novas saídas profesionais.



A realización de estudos neste campo permítenos analizar de que xeito o contorno socioeconómico inflúe no bo funcionamento das diferentes actividades empresariais e como repercute directamente na creación ou destrución de postos de traballo.

Grazas aos resultados destes estudos podemos apuntar cara a unha serie de posibles xacementos ou nichos de emprego que se están a potenciar na nosa Comunidade Autónoma, ao converterse en oportunidades de negocio e novas saídas profesionais.

En Galicia, o Instituto Galego das Cualificacións vén desenvolvendo nos últimos anos diversos estudos sobre o mercado laboral galego e apunta os seguintes como novos filóns de emprego ou profesións con auxe:



SERVIZOS
DA VIDA DIARIA

SERVIZOS PARA A MELLORA
DA CALIDADE DE VIDA

  •        Servizos a domicilio
  •         Atención á infancia
  •   Novas tecnoloxías da información e da comunicación
  •         Axudas a mozos/as con dificultades de inserción


  •        Mellora da vivenda
  •         Seguridade
  •         Transportes colectivos locais
  •         Aproveitamento dos espazos públicos urbanos
  •         Comercios de proximidade

SERVIZOS
CULTURAIS E DE OCIO

PROTECCIÓN
DO MEDIO NATURAL

  •        Turismo
  •        Sector audiovisual
  •        Patrimonio cultural
  •         Desenvolvemento cultural local
  •        Deportes

  •        Tratamento de residuos
  •        Xestión da auga
  •        Protección e mantemento das zonas naturais
  •         Regulación e control da contaminación e instalacións correspondentes

  •        Enerxías alternativas






Cabe destacar tamén como outro filón de emprego en auxe a agricultura ecolóxica, actividade en proceso expansivo máis intensiva en man de obra que a agricultura tradicional e fortemente conectada con outros filóns de emprego, como o turismo rural. 

Os filóns de emprego nacen coa idea de xerar emprego que satisfaga, amplíe e mellore a calidade de vida da poboación galega. 

É importante poñer en auxe e potenciar actividades que posúe a nosa Comunidade Autónoma que nos fan ser diferentes do resto das rexións de España. (turismo rural, turismo gastronómico, ocio e lecer….)









CONCLUSIÓNS:

-Segundo os estudos realizados a Familia Profesional de Servizos socioculturais e á comunidade é a que recolle as maiores oportunidades de emprego na actualidade: atención á infancia, animación comunitaria, asistencia social e os servizos á dependencia.

-A incorporación da muller á vida laboral e o envellecemento da poboación galega motivan a aparición deste tipo de ocupacións, moitas relacionadas ca creación de residencias de anciáns, centros de día, servizos escolares e extraescolares que axudan á conciliación da vida persoal e familiar pero a día de hoxe aínda seguen sendo escasos ou insuficientes pola gran demanda que teñen.

-A potenciación do Turismo en Galicia é unha baza que se debe considerar pola riqueza en recursos tanto naturais como culturais. Hai unha serie de actividades en auxe : desenvolvemento turístico, xestión de axencias de viaxes, acompañamento de grupos turísticos, etc..
Esta actividade non é a que máis xera emprego pero serve para potenciar a área de hostalería e outras actividades coma o transporte e o comercio.







ENLACES DE INTERESE:
































martes, 16 de octubre de 2018

LOS FALSOS AUTÓNOMOS, EL FALSO EMPRENDIMENTO

María J. Garrido Herrera

Firma invitada
Blog Posgrao Orientación



Todos atribuimos a los emprendedores unas extraordinarias cualidades, y su propia denominación ya resulta en sí atractiva, pero lo cierto es que éstos se están viendo últimamente empañados por la aparición de lo que se conoce como "falsos autónomos", figura con la que muchas veces tienden a confundirse.

El falso autónomo no es una novedad en nuestro país, y todos conocemos infinitos ejemplos: sin ir más lejos, la realidad de los ciclistas o "riders" de Glovo (chicos que cruzan las ciudades en bicicleta para llevar recados a domicilio) o los repartidores de comida de Deliveroo, con el mismo sistema que los anteriores, han situado el foco nuevamente sobre modelos de negocio donde bajo la apariencia de nuevas oportunidades se esconde una realidad completamente distinta, en la que las condiciones de trabajo, tanto a nivel salarial como de Seguridad Social son pésimas, según la conclusión a la que llegó en un informe la Inspección de Trabajo  Seguridad Social.


Similar al modelo de estas empresas podemos hablar del conocidísimo caso de AMAZON FLEX, donde bajo la apariencia de oportunidad de ingresos la empresa permite hacer de repartidores a particulares usando su propio coche, pero que a la vista de las exigencias impuestas (desde horarios, tiempo de reparto, facturación, etc) se aleja de un modelo puro de relación mercantil, que es la que se aplica en el caso de los autónomos, para situarse nuevamente en la del falso autónomo o trabajador por cuenta ajena.

El siguiente vídeo es muy esclarecedor porque son los propios trabajadores de las empresas mencionadas los que relatan su experiencia:




DIFERENCIAS ENTRE AUTÓNOMOS Y FALSOS AUTÓNOMOS

Los autónomos son trabajadores por cuenta propia, y en consecuencia poseen total independencia y libertad para realizar su trabajo organizándose como ellos mismos decidan (no tienen jefes).

En el caso de los falsos autónomos estamos hablando de trabajadores que obedecen las directrices de la empresa y que cumplen unos horarios  preestablecidos como si se tratasen de empleados de la propia empresa. Si éstos tienen una relación de dependencia con la empresa pero no se le aplican ni se le reconocen los derechos que les otorga la legislación laboral (Estatuto de los Trabajadores y convenios colectivos), nos encontramos entonces ante un falso autónomo porque sus características son las mismas que las de un trabajador por cuenta ajena.


¿POR QUÉ EXISTEN ENTONCES LOS FALSOS AUTÓNOMOS?

Existen porque algunas empresas quieren ahorrarse grandes gastos en la cotización de los trabajadores a la Seguridad Social, evitar el pago de salarios, etc; por ello es ilegal, es un fraude y hay que perseguirlo. Con esta práctica las empresas pretenden no tener obligaciones ni garantizar derechos, y como consecuencia de ello los falsos autónomos quedan desprotegidos.

La casuística es muy variada y siempre obedece a un esquema similar, que tiende a rentabilizar los beneficios a base de reducir los costes de producción (salariales y de Seguridad Social), con una explícita huida de las normas del derecho del trabajo y Seguridad Social.

Se trata de disfrazar una auténtica relación laboral entre la empresa y el "repartidor", bajo la falsa apariencia de una relación mercantil entre dos empresas, con la consiguiente ausencia de obligaciones recíprocas que no sean las "libremente" pactadas por las partes en el contrato, aparentando un falso acuerdo.

CONCLUSIÓN

Los falsos autónomos siempre han existido y siguen existiendo, tanto conviviendo en la empresa, al lado de los trabajadores por cuenta ajena, como en el ámbito de las administraciones públicas, prestando servicios al lado de los funcionarios a través de las falsas asistencias técnicas, de ahí que esta nueva entrega que nos quieren vender bajo la apariencia de "nuevas formas de negocio" deba ser analizada y corregida, pero en ningún caso nos debiera servir para empañar, como se está haciendo la figura del emprendedor ni, desde luego, para cuestionarnos si son insuficientes las respuestas legales existentes para dar cabida a nuevas formas de trabajo o nichos de empleo porque NO SON NUEVAS!!!!

El falso autónomo es un viejo conocido y pese a su importancia cuantitativa - el número de afectados en España podría ser superior a los 100.000 - no precisa de mayor atención que el darle una ágil respuesta judicial para corregir tales desmanes.





















TIPOS DE PRESTACIÓN DE DESEMPREGO

 

Dende o Servizo de Orientación Laboral debemos de ter en conta as diferentes prestacións de desemprego existentes, xa que é unha información importante para poder comprender a situación que atravesan os demandantes de emprego que recibimos no servizo.

Éstas tramítanse dende o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), e poderán ser perceptores delas os cidadáns en situación de desemprego que cumpran os requisitos necesarios para o acceso as mesmas, e que son derivados tamén ao servizo de Orientación Laboral como desempregados.


Resultado de imagen de foto colas de paro oficina emprego galego


Deste xeito, e facendo unha breve análise das mesmas imos expor as diferentes situacións que como desempregados nos permiten percibilas.

Todas elas son prestacións por desemprego que teñen o obxectivo de protexer o traballador cando queda en situación legal de desemprego.

Polo que, en función das cotizacións que teñamos acumulado antes de quedarnos desempregados, poderemos solicitar unha prestación por desemprego contributiva ou asistencial.

Actualmente, o SEPE contempla os seguintes tipos de prestacións por desemprego:

PRESTACIÓNS CONTRIBUTIVAS

PARO OU PRESTACIÓN CONTRIBUTIVA DE DESEMPREGO

 

Para ter dereito a prestación contributiva por desemprego, ou "paro", debemos reunir os seguintes requisitos:
  • Temos que ter cotizado polo menos 365 días durante os seis anos anteriores a situación legal de desemprego.
  • Debemos estar afiliados a Seguridade Social e en alta ou en situación asimilada a alta en algún réximen que cotice por desemprego.
  • Non ter a idade prevista para tramitar a pensión de xubilación.
  • Darnos de alta como demandantes de emprego, e ter a tarxeta de demandante de emprego co selado o día, durante todo o período que esteamos cobrando a prestación.
  • Non podemos estar cobrando unha prestación da Seguridade Social que sexa incompatible co traballo, como por exemplo a gran invalidez ou a incapacidade permanente absoluta.
Para solicitar o paro, é preciso acudir a oficina do SEPE nos 15 días hábiles seguintes ao cese no traballo e presentar o modelo de solicitude da prestación contributiva, acompañada da pertinente documentación.

Para realizar o cálculo da prestación contributiva, faise un promedio das bases de cotización dos últimos 180 días para obter la base reguladora, e cobraremos de paro os primeiros 180 días o 70% desa base reguladora e a partir do día 181 soamente percibiremos o 50%.


PAGO ÚNICO 

 

O pago único ou capitalización do desemprego, é unha medida de fomento do autoemprego que pretende facilitar a posta en marcha dunha catividade laboral como autónomo ou en incorporarse como socio traballador de cooperativas ou sociedades laborais ou mercantis en funcionamento ou de nova creación, xa que permite cobrar en un solo pago o importe pendente da prestación contributiva por desemprego, se cumpres os seguintes requisitos:
  • Ser perceptor da prestación contributiva.
  • Ter, polo menos 3 meses de prestación pendentes de percibir.
  • Non ter recoñecido outro pago único nos 4 anos anteriores a data da solicitude.
  • Non ter compatibilizado o traballo por conta propia coa prestación contributiva nos 24 meses anteriores a solicitude.
  • Acreditar a alta como autónomo estable ou a incorporación como socio traballador dunha cooperativa, sociedad laboral ou mercantil.
  • Iniciar a actividade no prazo máximo de 1 mes desde a data de aprobación do pago único.
Dita capitalización pode solicitarse de tres formas: mediante un pago único do 100% da prestación por desemprego, ou usalo para aboar as cotizacións mensuais da Seguridade Social, ou unha modalidade mixta entre ambas opcións.

PRESTACIÓNS ASISTENCIAIS 

SUBSIDIOS DE DESEMPREGO

 

O subsidio de desemprego é unha prestación non contributiva, e decir, ten carácter asistencial, pois non e preciso ter cotizado 365 días para acceder a esta axuda, senon que protexe a quen non reúne esas cotizacións ou agotaron o paro e continúen sen traballo.

Terán dereito a axuda por desemprego, os traballadores desempregados que terminaran o paro ou non teñan as cotizacións suficientes para poder solicitalo.

Ademais non poden estar percebindo rentas superiores ó 75% do salario mínimo interprofesional (551, 92 euros ao mes para 2018).

Deberán estar dados de alta nos Servizos de Emprego Autonómicos de cada comunidade.

En función da situación persoal de cada traballador poderá solicitar un subsidio ou outro.

Actualmente, temos os seguintes subsidios por desemprego:
  • Axuda familiar (subsidio con responsabilidades familiares)
  • Subsidio maiores de 45 anos sen responsabilidades familiares
  • Subsidio maiores de 55 anos
  • Subsidio por non cubrir o período mínimo de cotización
  • Subsidio para emigrantes retornados
  • Subsidio por melloría dunha invalidez
  • Subsidio para os liberados de prisión
O prazo para solicitar a prestación é o seguinte:

- Si remataches a prestación contributiva “paro”, tes que esperar un mes e ir ao SEPE durante os 15 días hábiles seguintes.

- Si non cotizaches o suficiente para cobrar o paro, tes 15 días hábiles desde que remataches o traballo para tramitar o subsidio por desemprego.

Debes presentar o modelo de solicitude de subsidio por desemprego xunto coa documentación requerida.

Para o ano 2018, o beneficiario dun subsidio por desemprego cobra 430,27 euros al mes, que é o correspondente o 80% do IPREM.

COLECTIVOS ESPECIAIS

RENTA ACTIVA DE INSERCIÓN

 

Ademais dunha axuda económica a Renta activa de Inserción conleva a realización de acciones de búsqueda activa de emprego (BAE) e a suscripción dun compromiso de actividade para que o desempregado logre un emprego estable. Ademais ten que ser parado de longa duración, e decir, levar como mínimo 12 meses apuntado ao paro de forma ininterrumpida, salvo no caso dos emigrantes retornados, e cumprir os seguintes requisitos:
  • Non ter ingresos brutos propios ou superiores ó 75 % dol Salario Mínimo Interprofesional (SMI) mensuales ou que a suma dos ingresos brutos mensuales obtidos polo solicitante e todolos membros dúa su unidade familiar, dividida pool número de membros que a compoñen non supere o 75 % do SMI mensuales.
  • Non ter sido beneficiario da RAI nos 365 días naturais anteriores a data da solicitude, salvo no caso de víctimas de violencia xénero ou doméstica e personas con discapacidade.
  • Non ter sido beneficiario de tres Programas de Renta Activa de Inserción anteriores.
  • Ter 45 anos ou mais e menos de 65 anos.
  • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual o superior ó 33%, ou ser pensionista por incapacidade.
  • Emigrante retornado
  • Víctimas de violencia de xénero ou doméstica
O tempo durante o que pode cobrarse son 11 meses como máximo e comenza a percibirse dende o día seguinte a solicitude e a cuantía a percibir é o 80 % do Indicador Público de Rentas de Efectos Múltiples (IPREM).

Por último, cabe sinalar que todas estas prestacións contribuen a paliar as dificultades económicas que os desempregados poidan presentar, e sen lugar a dúbidas e unha circustancia que influe na forma de afrontar a búsqueda de emprego dos demandantes que reciben os servizos de Orientación Laboral.



E para saber máis, amosanse os seguintes enlaces:

Guías de prestacións de desemprego SEPE

Quero cobrar o paro

Solicitude de prestacións on line

Capitalice a sua prestación, Pago Único




domingo, 14 de octubre de 2018



VIOLENCIA DE GENERO




Aún no hace mucho tiempo (hablo de la época de mi madre y mi suegra) las dos mujeres de Marinos cuando tenían que ir al Banco a efectuar alguna Gestión necesitaban un Poder de sus Maridos sinó no podían retirar dinero ,hacer transferencias etc. pero son mujeres afortunadas porque siempre llevaron el Peso de la familia , la economía y  son respetadas y queridas  .

50 años después  las mujeres avanzamos en formación , llenamos la Universidades y empezamos a ser competitivas , Pregunto ¿que es lo que se estará haciendo mal ? cuando el maltrato a la mujer tanto Psicológica como física (insultos humillaciones , manipulación) se está incrementando, se trata de un problema social presente en todos los estamentos  y que afecta a mujeres jóvenes y de edad avanzada ( como fue el caso de Ana Orantes que todos recordaremos por el impacto social que tuvo)

Lo más difícil es tomar la decisión por estar bloqueada , dominada y acorralada  pero todo tiene solución DENUNCIA , hoy en día tenemos profesionales estupendos empezando por La Policía  son Policías de Paisanos muy preparados , comunicativos y muy sensibilizados con el tema , tratando de poner los medios a su alcance para salir  de esa situación, y protegerte con todos los medios posibles.



Si no tienes Medios económicos el Juez en tu declaración te informará de tus Derechos y te nombrará Profesionales Letrado y Procurador de Oficio ( no tendrás que pagar nada), para interponer la Denuncia y también el Divorcio o  las Medidas necesarias para fijar una pensión de Alimento para tus hijos.


TRES VIAS FUNDAMENTALES EN UN ESTADO DE DERECHO PROTECCIONISTA:


- DENUNCIA: Via Policial: fundamental, es el engranaje de todo .

-VIA JUDICIAL: Designación Profesionales tanto para la Vía Penal Como Civil, cada vez mas Mujeres ocupan puestos en la Judicatura , y los Jueces afortunadamente están cambiando la perspectiva ante este problema acuciante en todos los Juzgados del país.

- CIM: ayuda Psicológica fundamental para el desenganche afectivo,junto con el apoyo incondicional de la familia y buenos amigos harán que solo haya sido un mal sueño.

- PROGRAMAS PARA ENCONTRAR  TRABAJO : para mujeres que hayan sufrido maltrato , fundamental para reincorporarse al mundo laboral , le harán sentirse nuevamente valoradas e independientes.

Pero hacen falta cambios Legislativos para que se beneficien de las ayudas.

Hay que poner cuestión las estructuras sociales de las cuales  el machismo es piedra angular y cimiento y comenzar desde la educación ( en la familia y los Colegios Educación Sexual) 


Todos  tenemos que estar obligados a ayudar desde donde nos encontremos y unirnos a campañas de sensibilización como la de la ONU que es la mayor organización internacional existente señala el 25 de cada més como día Naranja.Memorial femicide protest chile.jpg


Hasta nuestros Ayuntamientos , como la Red de Entidades Locales  , como instrumento que busca conseguir un rechazo social e institucional de la violencia de Género , junto con la detección Precoz de situaciones de Riesgo, prevención información y asistencia directa a las mujeres afectada y sus hijos.

La red gallega contra la violencia de género tiene adheridos 194 ayuntamientos y comunidades


BUSCA AYUDA - CAMBIARAS TU VIDA Y TU ENTORNO , TE ENCONTRARÁS.

Outra perspectiva sobre o Mercado Laboral: O Marxismo

Pero outra vez o Mercado Laboral? Diredesme. Sí, pero non. Porque non veño tanto a falar do mercado laboral. Veño a falar un pouco do mercado e o Capital. Como puxen no título vou a introducir un pouco por aquí o Marxismo. Porque a verdade é que as perspectivas Clásica (de Adam Smith) e a Keynesiana (de John Maynard Keynes) saben a pouco e non dan as ferramentas necesarias a clase obreira para defenderse no mundo laboral.

O Marxismo ten como obra mais representativa o Das Kapitalestudo sobre o Mercado no ano 1867. Marx comeza esta obra para explicar e dar luz a todos os procesos que se daban no Mercado. Intercambio de Mercancía, o Salario, a Forza de traballo, os Medios de Producción, a Clase Obreira, a Burguesía e o gran descubrimento por parte de Karl Marx nesta obra: A Plusvalía.

Por que este interés por parte de Marxe de outros sociólogos como Weber por estudar o Capitalismo e o Mercado? Porque nos anos da aparición da revolución industrial as codicións de vida da xente eran moi duras, por non dicir miserentas, e os sociólogos daquel momento trataban de explicar a realidade na que vivían. Ao entender a realidade cambiala era máis posible. É dicir, comprendían que para cambiar a realidade, primeiro necesitaban darlle explicación. Explicar os fenómenos propios do Mercado visibilizaríaos.

Recordemos que estamos a falar de unha época onde a explotación laboral estaba normalizada. A xornada laboral media era de doce horas e a mortalidade laboral estaba polas nubes. Ah, e por certo, tamén existía a explotación infantil. A min as datas orientanme moi ben, pero o que me funciona mellor para ter unha imaxe máis concreta sobre a época e a situación son as artes. Sobre todo as daquel momento. Para as cinéfilas recomendo as películas: Tiempos Modernos de Charles Chaplin e Metrópolis de Fritz Lang. Son moi boas películas para facernos unha idea das condicións laborais daqueles días (pido desculpas por ser un ignorante no cine da Península, estou seguro de que hai moitísimas películas Españolas que axudan a situar esta época e máis en concreto da sociedade na que vivimos).

Entón, e isto xa é un pouco unha opinión persoal, Karl Marx na súa obra (que tristemente parece que non chegou a rematar) O Capital dounos a mellor arma dialéctica para a clase obreira. Son tres tomos onde se explica o funcionamento do mercado e o capitalismo. Aínda que persoalmente creo que para entender o capitalismo, tamén é necesario entender o seu ideario. Diso encárgase con máis detemento Weber. Aquí entramos en unha dualidade (necesito facer este apunte). Mentres Marx se centra nas condicións materiais que explican o capitalismo (a industria, o coñecemento científico, a natureza, a historia...), Weber adícase a explicar as condicións ideolóxicas que deron como resultado o capitalismo. Por agora non teño moita idea disto, seica Weber atopa similitudes coa relixión Católica Protestante e o capitalismo.

Eu non veño aquí a falarvos das bondades e as ventaxes do Marxismo, así que: Ajarrádevos que veñen curvas:

Termos básicos do Marxismo


É complicado, para min, definir os termos e conceptos básicos do Marxismo pois están moi correlacionados uns con outros. A  verdade é que ben merecen un post enteiro cada un. En O Capital están definidos ata o momento máis básico de cada un para delimitalos e concretalos na súa totalidade. Desgraciadamente eu aínda non acadei unha soltura semellante en marxismo e vou facer o que poida. Tamén podedes consultar este dicionario que estou tendo en conta agora mesmo para apoiarme un pouco e non meter a pata demasiado.

Definir en poucas palabras o que son os medios de produción é moi complexo. Aínda que é fácil dicir: "Mira pola ventá. Ves a Finsa? Ves aquela depuradora? Pois iso son medios de produción". Quizais a forma máis sinxela de dicir o que é un medio de produción é dicir que é unha factoría ou fábrica (igual factoría e fábrica son cousas distintas, pero na miña cabeza son o mesmo). Aínda que ten máis requisitos para poder considerarse medio de produción (como dar a o burgués a capacidade de acumular plusvalías). É o lugar onde entra materia e se convirte en bens de consumo ou mercancía de intercambio.


Dentro dos medios de produción está traballando a clase obreira. Pero ollo, non quero dicir que solo a xente que está dentro desempeñando un traballo é a clase obreira. Toda aquela persoa que necesite vender a súa forza de traballo a cambio de un salario para subsistir é clase obreira. En outras palabras: o currito. Ti, eu e "Paco o charcuteiro" somos clase obreira. Da igual que teñas un biplaza de sesenta mil euros, se vendes a túa forza de traballo para subsistir es clase obreira.

Quizais é o mellor momento para mencionar aquí a xente autónoma. Son clase obreira? Pois a verdade é que me pillades nisto. Non sei que di o marxismo disto, pero sí que se lle pode aplicar lóxica marxista. Ese autónomo ten asalariadas? Ese autónomo quédase coas plusvalías das súas asalariadas? Ese autónomo ten medios de produción a través dos cales se queda coas plusvalías da clase obreira e que ademáis lle da a capacidade de acumular capital? Ese autónomo véndelle a súa forza de traballo a un burgués propietario dun medio de producion e este a súa vez róuballe a súa plusvalía? Preguntas que dan para moito desarrollo e que vos solto para vós. Eu persoalmente creo que definitivamente un autónomo non é un burgués e a última pregunta paréceme moi interesante e, se cadra, determinante.

Creo que vou necesitar que vexades este vídeo. Afórrome escribir sobre a plusvalía e engadirei algo despois do vídeo que creo necesario para delimitala mellor.



Engadir algo crucial que este vídeo non menciona. A clase obreira a través de sumar a súa forza de traballo aos medios de produción aplicada a mercancía, xera o que no vídeo denominan os "beneficios" (non estou seguro se en marxismo se lle chaman "beneficios", creo que máis ben a palabra correcta é valor). Di que parte deles van para pagar o seu propio salario e o resto é plusvalía. Isto non é exactamente de todo certo, pois a plusvalía é o resultado de restarlle a os "beneficios" o salario e o mantemento do desgaste dos medios de producción. Por exemplo: se unha máquina se estropea ou se desgasta polo uso, parte dos "beneficios" están destinados a cubrir os custos de reparación ou de mantemento.

A plusvalía é o tema da discordia. Uns liberais din que quen a xera é o burgués no momento do intercambio das mercancías, outros negan a súa existencia directamente e as persoas marxistas dicimos que a plusvalía xérase cando a persoa traballadora aplica a súa forza de traballo ás materias en transformación a través dos medios de producion. Ademáis a plusvalía explica por qué unha persoa ten millóns e millóns acumulados e pode permitirse o luxo de "donar" máquinas millonarias á seguridade social.

Parece ser que se me caiu un termo por aquí sen definir. A forza de traballo son as capacidades físicas e cognitivas propias do ser human a través das cales transforma a natureza. A forza de traballo é o que unha persoa aplica nas materias para producir bens de consumo. Pois se unha persoa está na cadea de montaxe amartillando clavos, a forza de traballo son as súas capacidades que lle permiten desempeñar esa tarefa.

Para Marx a forza de traballo é un pouco o que nos define como Ser Human e nos diferencia de outros animais sociais. Pois a través da forza de traballo o ser human transforma a natureza para manter a súa supervivencia. A min gústame engadir que tamén nos define como ser human a capacidade de acumular coñecemento e a capacidade de crear arte. Non é marxismo (ou sí, hai cousas que descoñezo, de momento, do marxismo) pero non me dicir que non é bonito. Aínda que bueno, creo que no marxismo os medios de producción son a materialización do coñecemento para transformar a natureza.

É momento de introducir o outro axente do mercado laboral: A Burguesía. É unha persoa ou grupo reducido de persoas que posúen os medios de produción. Para pertencer a clase burguesa é necesario ser propietario dun medio de produción, roubar a plusvalía a través del e acumular o capital que lle da poder capital. A burguesía e a clase obreira teñen intereses que entran en conflicto, o que da como resultado a loita de clases. A o roubar plusvalías, a burguesía explota a clase obreira. Porque no marxismo si che rouban a plusvalía estás baixo explotación laboral. E para deixar de estar baixo a explotación laboral é imprescindible que non che rouben a plusvalía. Para iso é necesario a emancipación da clase obreira (isto non da para outro post. Da para moitos libros. Como os Cuadernos desde la cárcel de Gramsci).

Estes foron uns dos conceptos máis populares do marxismo. Hai moitos máis, a bibliografía é extensa e atreveríame a dicir que leva unha vida enteira estudala. É un exercicio diario. Como último vouvos a deixar co que máis imos traballar como profesionais da orientación laboral: o exército industrial de reserva. Son as persoas coa forza de traballo necesaria (é dicir: coa capacidade física e ou cognitiva) para desempeñar un traballo e non o desempeñan. É o excedente de forza de traballo do mercado laboral. Sóavos de algo? Sí, estou falando das persoas desempregadas ou, popularmente falando, o paro. É importante que isto se entenda como un excedente. Que pasa cando temos excedente dalgo? Que baixan os prezos. Cal é o prezo da forza de traballo? O SALARIO. O que provoca a existencia do desemprego é que baixan os salarios. Aquí tedes un por que de: o paro é estructural. O paro convenlle (sexan conscientes disto ou non) á burguesía para manter baixos os prezos dun tipo de mercancía que necesitan. Engado aquí que a forza de traballo é a mercancía que introduce no mercado a clase obreira.

Bueno, sei que estades cansas coma min. É un tema denso o que temos aquí. Así que uns minutos musicais que, para quen coñeza a historia, é moi emotivo e chega ata o corazón. Despois teremos unha pequena reflexión e comentarios persoais.


"Ikara, bortxaren bigarren izena"

Déixovos este artigo de Público para saber máis sobre Maravillas Lamberto e a nosa historia.

Reflexións e notas persoais


Seguramente moitas partes das que escribín necesitan máis tempo para explicalas e credeme: todo isto de aquí que escribín é resultado de anos de lecturas, visionado de vídeos, intercambio dialéctico con compañeiras marxistas... Leva moito tempo aprender e loitar contra contradiccións internas aprendidas de falacias que se escoitan en distintos medios de comunicación, películas, literatura e moitas máis artes.

Deixo moitas cousas atrás das que sería interesante falar: A perspectiva marxista sobre as drogas, o dereito a o ocio, a deslocalización industrial, a deslocalización da clase obreira (unha teoría loca miña sobre clase obreira e imigración), o materialismo dialéctico, o materialismo histórico... Pero sobre todo do que me gustaría falar e saber moito máis é de a perspectiva de xénero sobre o marxismo. Posto que: non son incompatibles (que hai incompatible co feminismo salvo o machismo?) e nútrense unha de outra analizando a realidade de unha forma moi precisa.

Por certo, eu acostumo a escribir en feminino plural (ás veces pódeseme escapar algunha palabra) así que cando falo en feminino refírome a todas as persoas independentemente do seu xénero.

A min entender e ler sobre marxismo axudoume a comprender a realidade que me rodea. E estou falando de cousas que damos por sentado. Como por exemplo de onde saiu a miña vida. Cada día que ía a clase e me podía formar como persoa e formar parte dunha sociedade un pouco mellor a través da participación no sistema educativo público. Mantido por todas as persoas traballadoras que queren un mellor mundo. Por iso cada día van a traballar, en moitos casos baixo unha explotación laboral indignante, e aportan o pouco que poden. A miña familia é obreira, traballadoras do mar e imigrantes. A mellor forma de mostrar respeto é a de facer un mundo mellor. Isto é o que os marxistas chamamos:

CONCIENCIA DE CLASE



Pertencer a clase obreira non é so unha enorme honra, é o máis xusto que lle pode pasar a cada persoa. Aportar o pouco que se poida na situación de cada un é un deber que nos convirte en mellores persoas e nos fai máis humanas día a día.

Para saber máis:

- Resumo de O Capital de Diego Guerrero empregado como referencia para a creación desta entrada.

Zonas empregadas da rede: