Pareceunos interesante a sesion sobre a perspectiva de xénero feita pola especialista na área Margarita Valcarce Fernández, no dia 22 de setembro do 2018, constituida de unha parte teórica e outra práctica.
1. Parte teórica
Da parte expositiva destacamos a importancia de situar o marco histórico da Revolución Francesa como inicio da loita de xénero, pois, o recoñecemento dos dereitos da muller como individuo non foron recollidos nos ideais da revolución, provocando fortes reivindicacións, onde moitas mulleres chegaron a guillotina.
Partindo destas orixes, Margarita nos axuda a constatar que aínda hoxe, representando máis da metade da poboación seguimos sufrindo a desigualdade social, laboral, a falta de recoñecemento público e incluso a súas aportacións en diversos campos da ciencia e do coñecemento.
Definindo os Conceptos de Sexo, Xénero e Perspectiva de Xénero
Referente aos conceptos de sexo e xénero e as relacións de poder que estabelecen, Margarita recórdanos que son as características biolóxicas que determinan o sexo do individuo, pero, será a cultura - como constructo social - a que define os roles, as funcións e o comportamento de homes e mulleres, construíndo os estereotipos ao redor da designación de xénero. Onde puidemos comprender que sendo o xénero unha construción social pode ser educada e modificada.
Neste sentido, a toma de consciencia da desigualdade entre sexos encamíñanos ao concepto de perspectiva de xénero, converténdose en unha ferramenta (ou unha mirada) que permite analizar a realidade e estudar as construcións culturais e sociais que afectan a mulleres e homes, e que afectan a sociedade e tódolos seus niveis. Comprender estes mecanismos é fundamental para o noso trabalho de orientación laboral.
Surxida a partir das institucionalización das reivindicacións femininas (1995), entendemos que a perspectiva de xénero se posiciona como un elemento estratéxico para promover a igualdade entre homes e mulleres, impulsada a través de políticas de xénero, accións, programas e medidas en todos os ámbitos do coñecemento, do traballo e da cultura.
Profundizando no concepto da Perspectiva de Xénero, vemos a importancia do traballo unísono entre o contexto formal (das lexislacións...) e a súa posta en práctica, pois implica o recoñecemento das relacións de poder.
Aclárannos tamén conceptos coma o traballo, que é definido como calquera actividade humana, e, emprego, que caracteriza-se como unha actividade productiva que se realiza no marco das relacións asalariadas ou de autoemprego.
Neste momento da presentación é cando hai unha maior participación dos alumnos na sesión, onde entre outros temas, é abordado a desigualdade e o contexto laboral das mulleres, caracterizado por un lado, como un traballo e invisible. E por outro lado, o seu emprego se destaca por ser de menor calidade, menor recoñecemento e unha participación desigual na toma de decisións.
Seguindo con unha análises mais atenta da realidade actual, nos deparemos con taxas de desemprego onde hai un once por cento máis de mulleres desempregadas que homes no estado español.
Pero, Europa nos ofrece un panorama mais esperanzador con o comezo de equiparación das cifras de paro M e H. E, diante desta perspectiva, recoñecemos o actual foco cualitativo sobre las discriminacións sutís: contratos, promocións, xornada, salario, trato, postos, tarefas, permisos, conciliacións, etc., aspectos nos que todos os axentes sociais debemos de estar atentos.
Comprendendo, ademais, que ao perfil da desigualdade sumase outros factores da identidade de ser muller como a idade, raza, orientación sexual, cultura, vítimas de violencia de xénero, nai solteira, etc.
Comprendendo, ademais, que ao perfil da desigualdade sumase outros factores da identidade de ser muller como a idade, raza, orientación sexual, cultura, vítimas de violencia de xénero, nai solteira, etc.
Perspectiva de Xénero na labor da Orientación Laboral.
Despois destas contextualizacións previas foi abordado o papel relevante do orientador, labor que se efectiva a través de unha actuación de carácter puntual/de transito; ou como proceso continuo durante a vida, segundo pudemos concluir.
Quedándonos claro que o Orientador Laboral debe procurar crear unha cadea de accións onde se poda intervir nos procesos de igualdade de oportunidade, traballando con as mulleres a concienciación e a análise da construción da desigualdade e da discriminación por razón de xénero – directas ou indirectas/vertical o horizontal.
Actuando, tamén, como axuda e apoio no seu auto-coñecemento e no desenvolvemento de conceptos como empregabilidade (aptitudes, actitudes, competencias), dispoñibilidade (condiciones persoais) e identidade profesional (escolla dos estudos e da profesión).
Como conclusión, Margarita destaca a Actitudes do Orientador Laboral coma a de escoitar (o relato da persoa – verbal e non verbal) , observar (a súa conducta) e, rexistar (tomar nota).
2. Parte práctica
Na segunda parte da sesión desenvolveuse o tema do Currículo Oculto, ou Cego, a través de un exercicio en grupo, consistente en converter un Currículo de formato Europass a un currículo oculto. O obxectivo foi excluir calquera dato vinculante con o sexo, a idade, o xénero, a nacionalidade e o lugar de residencia que poidera supoñer a creación de prexuízo e discriminacións entre candidatos.
En un principio pareceunos unha actividade sinxela, pero, pouco a pouco decatámonos que non se trata de agoxar algúns datos persoais concretos, e que tan importante é tamén a maneira de describir as competencias, no sentido de colocalas en valor. Asín como aspirar a acceder a un posto adecuado as capacidades e axustado a formación do candidato.
Para rematar a sesión práctica foi feita a presentación do exercicio por parte de cada grupo. Este momento suscitou unha participación importante onde se debateu as vantaxes/desvantaxes do currículo oculto/cego, ademais, da necesidade de incorporarnos à súa divulgación.
Conclusións:
En relación ao que foi presentado, ao que foi debatido e ao experimentado nesta sesión, concluímos que a igualdade de oportunidade aplicada ao emprego supón conseguir una participación equilibrada de mulleres e homes no ámbito laboral para facer efectivo un dereito fundamental que prohibe calquera trato discriminatorio.
E neste marco, a PERSPECTIVA DE XÉNERO é unha ferramenta que, aplicada a ORIENTACIÓN LABORAL, permite coñecer os obstáculos a esa participación equilibrada, ao tempo que pon en evidencia as orixines e as consecuencias das desigualdades e as discriminacións laborais, sobre as que se debe intervir para conseguir una igualdade real.
Metodoloxía e servizos de inserción laboral desde un enfoque de xénero (monográfico)
O enfoque de xénero / Informe FAO
Que é o currículo oculto/cego
Wakelet:
Aquí tedes un resumo dos chíos que se fixeron durante a sesión:

A PERSPECTIVA DE XÉNERO NA ORIENTACIÓN LABORAL de Grupo 9 POLAB18 ten unha licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario