martes, 30 de octubre de 2018

NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO EN GALICIA

O mercado laboral é un escenario cambiante e complexo, determinado en gran medida polas estruturas produtivas e condicionado polas variacións de ciclos económicos entre outros factores.

Como consecuencia da crise económica sufrida nos últimos anos, os sectores que tradicionalmente creaban emprego (construcción, comercio, transportes…) sofren unha gran caída e un efecto negativo nas estruturas produtivas de Galicia.

O aumento do paro na nosa comunidade como consecuencia desta situación fixo que se pensase no estudo e búsqueda de novos xacementos ou nichos de emprego como novas saídas profesionais.



A realización de estudos neste campo permítenos analizar de que xeito o contorno socioeconómico inflúe no bo funcionamento das diferentes actividades empresariais e como repercute directamente na creación ou destrución de postos de traballo.

Grazas aos resultados destes estudos podemos apuntar cara a unha serie de posibles xacementos ou nichos de emprego que se están a potenciar na nosa Comunidade Autónoma, ao converterse en oportunidades de negocio e novas saídas profesionais.

En Galicia, o Instituto Galego das Cualificacións vén desenvolvendo nos últimos anos diversos estudos sobre o mercado laboral galego e apunta os seguintes como novos filóns de emprego ou profesións con auxe:



SERVIZOS
DA VIDA DIARIA

SERVIZOS PARA A MELLORA
DA CALIDADE DE VIDA

  •        Servizos a domicilio
  •         Atención á infancia
  •   Novas tecnoloxías da información e da comunicación
  •         Axudas a mozos/as con dificultades de inserción


  •        Mellora da vivenda
  •         Seguridade
  •         Transportes colectivos locais
  •         Aproveitamento dos espazos públicos urbanos
  •         Comercios de proximidade

SERVIZOS
CULTURAIS E DE OCIO

PROTECCIÓN
DO MEDIO NATURAL

  •        Turismo
  •        Sector audiovisual
  •        Patrimonio cultural
  •         Desenvolvemento cultural local
  •        Deportes

  •        Tratamento de residuos
  •        Xestión da auga
  •        Protección e mantemento das zonas naturais
  •         Regulación e control da contaminación e instalacións correspondentes

  •        Enerxías alternativas






Cabe destacar tamén como outro filón de emprego en auxe a agricultura ecolóxica, actividade en proceso expansivo máis intensiva en man de obra que a agricultura tradicional e fortemente conectada con outros filóns de emprego, como o turismo rural. 

Os filóns de emprego nacen coa idea de xerar emprego que satisfaga, amplíe e mellore a calidade de vida da poboación galega. 

É importante poñer en auxe e potenciar actividades que posúe a nosa Comunidade Autónoma que nos fan ser diferentes do resto das rexións de España. (turismo rural, turismo gastronómico, ocio e lecer….)









CONCLUSIÓNS:

-Segundo os estudos realizados a Familia Profesional de Servizos socioculturais e á comunidade é a que recolle as maiores oportunidades de emprego na actualidade: atención á infancia, animación comunitaria, asistencia social e os servizos á dependencia.

-A incorporación da muller á vida laboral e o envellecemento da poboación galega motivan a aparición deste tipo de ocupacións, moitas relacionadas ca creación de residencias de anciáns, centros de día, servizos escolares e extraescolares que axudan á conciliación da vida persoal e familiar pero a día de hoxe aínda seguen sendo escasos ou insuficientes pola gran demanda que teñen.

-A potenciación do Turismo en Galicia é unha baza que se debe considerar pola riqueza en recursos tanto naturais como culturais. Hai unha serie de actividades en auxe : desenvolvemento turístico, xestión de axencias de viaxes, acompañamento de grupos turísticos, etc..
Esta actividade non é a que máis xera emprego pero serve para potenciar a área de hostalería e outras actividades coma o transporte e o comercio.







ENLACES DE INTERESE:
































No hay comentarios:

Publicar un comentario