O Marxismo ten como obra mais representativa o Das Kapital, estudo sobre o Mercado no ano 1867. Marx comeza esta obra para explicar e dar luz a todos os procesos que se daban no Mercado. Intercambio de Mercancía, o Salario, a Forza de traballo, os Medios de Producción, a Clase Obreira, a Burguesía e o gran descubrimento por parte de Karl Marx nesta obra: A Plusvalía.
Por que este interés por parte de Marx, e de outros sociólogos como Weber por estudar o Capitalismo e o Mercado? Porque nos anos da aparición da revolución industrial as codicións de vida da xente eran moi duras, por non dicir miserentas, e os sociólogos daquel momento trataban de explicar a realidade na que vivían. Ao entender a realidade cambiala era máis posible. É dicir, comprendían que para cambiar a realidade, primeiro necesitaban darlle explicación. Explicar os fenómenos propios do Mercado visibilizaríaos.
Recordemos que estamos a falar de unha época onde a explotación laboral estaba normalizada. A xornada laboral media era de doce horas e a mortalidade laboral estaba polas nubes. Ah, e por certo, tamén existía a explotación infantil. A min as datas orientanme moi ben, pero o que me funciona mellor para ter unha imaxe máis concreta sobre a época e a situación son as artes. Sobre todo as daquel momento. Para as cinéfilas recomendo as películas: Tiempos Modernos de Charles Chaplin e Metrópolis de Fritz Lang. Son moi boas películas para facernos unha idea das condicións laborais daqueles días (pido desculpas por ser un ignorante no cine da Península, estou seguro de que hai moitísimas películas Españolas que axudan a situar esta época e máis en concreto da sociedade na que vivimos).
Entón, e isto xa é un pouco unha opinión persoal, Karl Marx na súa obra (que tristemente parece que non chegou a rematar) O Capital dounos a mellor arma dialéctica para a clase obreira. Son tres tomos onde se explica o funcionamento do mercado e o capitalismo. Aínda que persoalmente creo que para entender o capitalismo, tamén é necesario entender o seu ideario. Diso encárgase con máis detemento Weber. Aquí entramos en unha dualidade (necesito facer este apunte). Mentres Marx se centra nas condicións materiais que explican o capitalismo (a industria, o coñecemento científico, a natureza, a historia...), Weber adícase a explicar as condicións ideolóxicas que deron como resultado o capitalismo. Por agora non teño moita idea disto, seica Weber atopa similitudes coa relixión Católica Protestante e o capitalismo.
Eu non veño aquí a falarvos das bondades e as ventaxes do Marxismo, así que: Ajarrádevos que veñen curvas:
Termos básicos do Marxismo
É complicado, para min, definir os termos e conceptos básicos do Marxismo pois están moi correlacionados uns con outros. A verdade é que ben merecen un post enteiro cada un. En O Capital están definidos ata o momento máis básico de cada un para delimitalos e concretalos na súa totalidade. Desgraciadamente eu aínda non acadei unha soltura semellante en marxismo e vou facer o que poida. Tamén podedes consultar este dicionario que estou tendo en conta agora mesmo para apoiarme un pouco e non meter a pata demasiado.
Definir en poucas palabras o que son os medios de produción é moi complexo. Aínda que é fácil dicir: "Mira pola ventá. Ves a Finsa? Ves aquela depuradora? Pois iso son medios de produción". Quizais a forma máis sinxela de dicir o que é un medio de produción é dicir que é unha factoría ou fábrica (igual factoría e fábrica son cousas distintas, pero na miña cabeza son o mesmo). Aínda que ten máis requisitos para poder considerarse medio de produción (como dar a o burgués a capacidade de acumular plusvalías). É o lugar onde entra materia e se convirte en bens de consumo ou mercancía de intercambio.
Quizais é o mellor momento para mencionar aquí a xente autónoma. Son clase obreira? Pois a verdade é que me pillades nisto. Non sei que di o marxismo disto, pero sí que se lle pode aplicar lóxica marxista. Ese autónomo ten asalariadas? Ese autónomo quédase coas plusvalías das súas asalariadas? Ese autónomo ten medios de produción a través dos cales se queda coas plusvalías da clase obreira e que ademáis lle da a capacidade de acumular capital? Ese autónomo véndelle a súa forza de traballo a un burgués propietario dun medio de producion e este a súa vez róuballe a súa plusvalía? Preguntas que dan para moito desarrollo e que vos solto para vós. Eu persoalmente creo que definitivamente un autónomo non é un burgués e a última pregunta paréceme moi interesante e, se cadra, determinante.
Creo que vou necesitar que vexades este vídeo. Afórrome escribir sobre a plusvalía e engadirei algo despois do vídeo que creo necesario para delimitala mellor.
A plusvalía é o tema da discordia. Uns liberais din que quen a xera é o burgués no momento do intercambio das mercancías, outros negan a súa existencia directamente e as persoas marxistas dicimos que a plusvalía xérase cando a persoa traballadora aplica a súa forza de traballo ás materias en transformación a través dos medios de producion. Ademáis a plusvalía explica por qué unha persoa ten millóns e millóns acumulados e pode permitirse o luxo de "donar" máquinas millonarias á seguridade social.
Parece ser que se me caiu un termo por aquí sen definir. A forza de traballo son as capacidades físicas e cognitivas propias do ser human a través das cales transforma a natureza. A forza de traballo é o que unha persoa aplica nas materias para producir bens de consumo. Pois se unha persoa está na cadea de montaxe amartillando clavos, a forza de traballo son as súas capacidades que lle permiten desempeñar esa tarefa.
Para Marx a forza de traballo é un pouco o que nos define como Ser Human e nos diferencia de outros animais sociais. Pois a través da forza de traballo o ser human transforma a natureza para manter a súa supervivencia. A min gústame engadir que tamén nos define como ser human a capacidade de acumular coñecemento e a capacidade de crear arte. Non é marxismo (ou sí, hai cousas que descoñezo, de momento, do marxismo) pero non me dicir que non é bonito. Aínda que bueno, creo que no marxismo os medios de producción son a materialización do coñecemento para transformar a natureza.
É momento de introducir o outro axente do mercado laboral: A Burguesía. É unha persoa ou grupo reducido de persoas que posúen os medios de produción. Para pertencer a clase burguesa é necesario ser propietario dun medio de produción, roubar a plusvalía a través del e acumular o capital que lle da poder capital. A burguesía e a clase obreira teñen intereses que entran en conflicto, o que da como resultado a loita de clases. A o roubar plusvalías, a burguesía explota a clase obreira. Porque no marxismo si che rouban a plusvalía estás baixo explotación laboral. E para deixar de estar baixo a explotación laboral é imprescindible que non che rouben a plusvalía. Para iso é necesario a emancipación da clase obreira (isto non da para outro post. Da para moitos libros. Como os Cuadernos desde la cárcel de Gramsci).
Estes foron uns dos conceptos máis populares do marxismo. Hai moitos máis, a bibliografía é extensa e atreveríame a dicir que leva unha vida enteira estudala. É un exercicio diario. Como último vouvos a deixar co que máis imos traballar como profesionais da orientación laboral: o exército industrial de reserva. Son as persoas coa forza de traballo necesaria (é dicir: coa capacidade física e ou cognitiva) para desempeñar un traballo e non o desempeñan. É o excedente de forza de traballo do mercado laboral. Sóavos de algo? Sí, estou falando das persoas desempregadas ou, popularmente falando, o paro. É importante que isto se entenda como un excedente. Que pasa cando temos excedente dalgo? Que baixan os prezos. Cal é o prezo da forza de traballo? O SALARIO. O que provoca a existencia do desemprego é que baixan os salarios. Aquí tedes un por que de: o paro é estructural. O paro convenlle (sexan conscientes disto ou non) á burguesía para manter baixos os prezos dun tipo de mercancía que necesitan. Engado aquí que a forza de traballo é a mercancía que introduce no mercado a clase obreira.
Bueno, sei que estades cansas coma min. É un tema denso o que temos aquí. Así que uns minutos musicais que, para quen coñeza a historia, é moi emotivo e chega ata o corazón. Despois teremos unha pequena reflexión e comentarios persoais.
"Ikara, bortxaren bigarren izena"
Déixovos este artigo de Público para saber máis sobre Maravillas Lamberto e a nosa historia.
Reflexións e notas persoais
Seguramente moitas partes das que escribín necesitan máis tempo para explicalas e credeme: todo isto de aquí que escribín é resultado de anos de lecturas, visionado de vídeos, intercambio dialéctico con compañeiras marxistas... Leva moito tempo aprender e loitar contra contradiccións internas aprendidas de falacias que se escoitan en distintos medios de comunicación, películas, literatura e moitas máis artes.
Deixo moitas cousas atrás das que sería interesante falar: A perspectiva marxista sobre as drogas, o dereito a o ocio, a deslocalización industrial, a deslocalización da clase obreira (unha teoría loca miña sobre clase obreira e imigración), o materialismo dialéctico, o materialismo histórico... Pero sobre todo do que me gustaría falar e saber moito máis é de a perspectiva de xénero sobre o marxismo. Posto que: non son incompatibles (que hai incompatible co feminismo salvo o machismo?) e nútrense unha de outra analizando a realidade de unha forma moi precisa.
Por certo, eu acostumo a escribir en feminino plural (ás veces pódeseme escapar algunha palabra) así que cando falo en feminino refírome a todas as persoas independentemente do seu xénero.
A min entender e ler sobre marxismo axudoume a comprender a realidade que me rodea. E estou falando de cousas que damos por sentado. Como por exemplo de onde saiu a miña vida. Cada día que ía a clase e me podía formar como persoa e formar parte dunha sociedade un pouco mellor a través da participación no sistema educativo público. Mantido por todas as persoas traballadoras que queren un mellor mundo. Por iso cada día van a traballar, en moitos casos baixo unha explotación laboral indignante, e aportan o pouco que poden. A miña familia é obreira, traballadoras do mar e imigrantes. A mellor forma de mostrar respeto é a de facer un mundo mellor. Isto é o que os marxistas chamamos:
CONCIENCIA DE CLASE
Pertencer a clase obreira non é so unha enorme honra, é o máis xusto que lle pode pasar a cada persoa. Aportar o pouco que se poida na situación de cada un é un deber que nos convirte en mellores persoas e nos fai máis humanas día a día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario