martes, 16 de octubre de 2018





TIPOS DE PRESTACIÓN DE DESEMPREGO

 

Dende o Servizo de Orientación Laboral debemos de ter en conta as diferentes prestacións de desemprego existentes, xa que é unha información importante para poder comprender a situación que atravesan os demandantes de emprego que recibimos no servizo.

Éstas tramítanse dende o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), e poderán ser perceptores delas os cidadáns en situación de desemprego que cumpran os requisitos necesarios para o acceso as mesmas, e que son derivados tamén ao servizo de Orientación Laboral como desempregados.


Resultado de imagen de foto colas de paro oficina emprego galego


Deste xeito, e facendo unha breve análise das mesmas imos expor as diferentes situacións que como desempregados nos permiten percibilas.

Todas elas son prestacións por desemprego que teñen o obxectivo de protexer o traballador cando queda en situación legal de desemprego.

Polo que, en función das cotizacións que teñamos acumulado antes de quedarnos desempregados, poderemos solicitar unha prestación por desemprego contributiva ou asistencial.

Actualmente, o SEPE contempla os seguintes tipos de prestacións por desemprego:

PRESTACIÓNS CONTRIBUTIVAS

PARO OU PRESTACIÓN CONTRIBUTIVA DE DESEMPREGO

 

Para ter dereito a prestación contributiva por desemprego, ou "paro", debemos reunir os seguintes requisitos:
  • Temos que ter cotizado polo menos 365 días durante os seis anos anteriores a situación legal de desemprego.
  • Debemos estar afiliados a Seguridade Social e en alta ou en situación asimilada a alta en algún réximen que cotice por desemprego.
  • Non ter a idade prevista para tramitar a pensión de xubilación.
  • Darnos de alta como demandantes de emprego, e ter a tarxeta de demandante de emprego co selado o día, durante todo o período que esteamos cobrando a prestación.
  • Non podemos estar cobrando unha prestación da Seguridade Social que sexa incompatible co traballo, como por exemplo a gran invalidez ou a incapacidade permanente absoluta.
Para solicitar o paro, é preciso acudir a oficina do SEPE nos 15 días hábiles seguintes ao cese no traballo e presentar o modelo de solicitude da prestación contributiva, acompañada da pertinente documentación.

Para realizar o cálculo da prestación contributiva, faise un promedio das bases de cotización dos últimos 180 días para obter la base reguladora, e cobraremos de paro os primeiros 180 días o 70% desa base reguladora e a partir do día 181 soamente percibiremos o 50%.


PAGO ÚNICO 

 

O pago único ou capitalización do desemprego, é unha medida de fomento do autoemprego que pretende facilitar a posta en marcha dunha catividade laboral como autónomo ou en incorporarse como socio traballador de cooperativas ou sociedades laborais ou mercantis en funcionamento ou de nova creación, xa que permite cobrar en un solo pago o importe pendente da prestación contributiva por desemprego, se cumpres os seguintes requisitos:
  • Ser perceptor da prestación contributiva.
  • Ter, polo menos 3 meses de prestación pendentes de percibir.
  • Non ter recoñecido outro pago único nos 4 anos anteriores a data da solicitude.
  • Non ter compatibilizado o traballo por conta propia coa prestación contributiva nos 24 meses anteriores a solicitude.
  • Acreditar a alta como autónomo estable ou a incorporación como socio traballador dunha cooperativa, sociedad laboral ou mercantil.
  • Iniciar a actividade no prazo máximo de 1 mes desde a data de aprobación do pago único.
Dita capitalización pode solicitarse de tres formas: mediante un pago único do 100% da prestación por desemprego, ou usalo para aboar as cotizacións mensuais da Seguridade Social, ou unha modalidade mixta entre ambas opcións.

PRESTACIÓNS ASISTENCIAIS 

SUBSIDIOS DE DESEMPREGO

 

O subsidio de desemprego é unha prestación non contributiva, e decir, ten carácter asistencial, pois non e preciso ter cotizado 365 días para acceder a esta axuda, senon que protexe a quen non reúne esas cotizacións ou agotaron o paro e continúen sen traballo.

Terán dereito a axuda por desemprego, os traballadores desempregados que terminaran o paro ou non teñan as cotizacións suficientes para poder solicitalo.

Ademais non poden estar percebindo rentas superiores ó 75% do salario mínimo interprofesional (551, 92 euros ao mes para 2018).

Deberán estar dados de alta nos Servizos de Emprego Autonómicos de cada comunidade.

En función da situación persoal de cada traballador poderá solicitar un subsidio ou outro.

Actualmente, temos os seguintes subsidios por desemprego:
  • Axuda familiar (subsidio con responsabilidades familiares)
  • Subsidio maiores de 45 anos sen responsabilidades familiares
  • Subsidio maiores de 55 anos
  • Subsidio por non cubrir o período mínimo de cotización
  • Subsidio para emigrantes retornados
  • Subsidio por melloría dunha invalidez
  • Subsidio para os liberados de prisión
O prazo para solicitar a prestación é o seguinte:

- Si remataches a prestación contributiva “paro”, tes que esperar un mes e ir ao SEPE durante os 15 días hábiles seguintes.

- Si non cotizaches o suficiente para cobrar o paro, tes 15 días hábiles desde que remataches o traballo para tramitar o subsidio por desemprego.

Debes presentar o modelo de solicitude de subsidio por desemprego xunto coa documentación requerida.

Para o ano 2018, o beneficiario dun subsidio por desemprego cobra 430,27 euros al mes, que é o correspondente o 80% do IPREM.

COLECTIVOS ESPECIAIS

RENTA ACTIVA DE INSERCIÓN

 

Ademais dunha axuda económica a Renta activa de Inserción conleva a realización de acciones de búsqueda activa de emprego (BAE) e a suscripción dun compromiso de actividade para que o desempregado logre un emprego estable. Ademais ten que ser parado de longa duración, e decir, levar como mínimo 12 meses apuntado ao paro de forma ininterrumpida, salvo no caso dos emigrantes retornados, e cumprir os seguintes requisitos:
  • Non ter ingresos brutos propios ou superiores ó 75 % dol Salario Mínimo Interprofesional (SMI) mensuales ou que a suma dos ingresos brutos mensuales obtidos polo solicitante e todolos membros dúa su unidade familiar, dividida pool número de membros que a compoñen non supere o 75 % do SMI mensuales.
  • Non ter sido beneficiario da RAI nos 365 días naturais anteriores a data da solicitude, salvo no caso de víctimas de violencia xénero ou doméstica e personas con discapacidade.
  • Non ter sido beneficiario de tres Programas de Renta Activa de Inserción anteriores.
  • Ter 45 anos ou mais e menos de 65 anos.
  • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual o superior ó 33%, ou ser pensionista por incapacidade.
  • Emigrante retornado
  • Víctimas de violencia de xénero ou doméstica
O tempo durante o que pode cobrarse son 11 meses como máximo e comenza a percibirse dende o día seguinte a solicitude e a cuantía a percibir é o 80 % do Indicador Público de Rentas de Efectos Múltiples (IPREM).

Por último, cabe sinalar que todas estas prestacións contribuen a paliar as dificultades económicas que os desempregados poidan presentar, e sen lugar a dúbidas e unha circustancia que influe na forma de afrontar a búsqueda de emprego dos demandantes que reciben os servizos de Orientación Laboral.



E para saber máis, amosanse os seguintes enlaces:

Guías de prestacións de desemprego SEPE

Quero cobrar o paro

Solicitude de prestacións on line

Capitalice a sua prestación, Pago Único




No hay comentarios:

Publicar un comentario